Análise da execución do segundo salto en triple


Realización do segundo apoio

Iniciase no momento no que o pe da perna de batida toma contacto co chan despois de efectuar o primeiro salto. Non é máis que unha zancada en profundidade. O tronco permanece recto, a perna libre flexionada polo muslo (casi 90º) mantense a altura das cadeiras e a de atrás, tamén flexionada tras o seu impulso, trata de acercarse a de diante.






O segundo salto é o máis corto, vai depender en gran maneira do primeiro salto, con este vaise construir o terceiro salto.

O principal obxectivo será alargar a zancada o máximo posible para favorecer o impulso no terceiro salto.


Podémolo dividir en tres fases:


Batida: O pé toma contacto con toda a planta e adiantado con respecto ao centro de gravidade, para posteriormente extender totalmente a perna de batida, mentres a perna libre que ven detrás, sigue o seu recorrido adiante arriba flexionada pola rodilla, bloqueándose a altura da cadeira.

 
Vuelo: O despegue é similar ao primeiro salto. O tronco mantense vertical e os brazos equilibran a acción. A perna que queda libre exténdese para preparar o contacto.
o á hora de executar o triple salto. Podemos ver que o primeiro e o segundo atleta utilizan o


Aterrizaxe: Realizase co pé menos adiantado ca no salto anterior, tomando contacto no pasillo con toda a planta, este dará paso para realizar o último salto.



Tras a observación de varios vídeos de atletas competindo en triple salto, chegamos a conclusión de que os saltadores realizan unha extensión moi esaxerada no segundo salto de triple, así como na categoría masculina e moito máis evidente que na categoría feminina.



 



Vídeo no que se pode observar ao atleta español Pablo Torrijos, quen é o actual récord de España en triple salto cunha marca de 17,04 m realizado no Campeonato de Europa de Praga no ano 2015.
            
 
                                Apertura máis esaxerada (masculino)

Este atleta é un gran exemplo para poder observar de maneira clara que os atletas saltadores de triple, realizan unha gran extensión no segundo salto.


En comparación a esta afirmación, observamos que na categoría feminina esta extensión no segundo salto e moi esaxerada, e dicir, é un salto notablemente máis corto co primeiro e co terceiro. No seguinte vídeo podemos ver a Ana Peleteiro, cunha marca de 14,22, na pista cuberta de Valencia, establecendo así un novo récord galego. 



 



  Apertura menos esaxerada (feminino)


- Braceo na fase de vó

Tras a observación dunha serie determinada de vídeos, podemos observar que hai dous tipos de braceos diferentes (simultáneo e alternativo) na fase de vó nos primeiros e nos segundos de triple xa que no terceiro todos os atletas executan un salto de lonxitude con braceo simultáneo.

- Atletas que utilizan braceo alternativo:

5/30 

- Atletas que utilizan braceo simultáneo:

25/30

  


- Observación

Un factor a destacar é que na fase de carreira o último paso previo a batida, os atletas modifican a zancada facendo un paso máis corto que os anteriores para a execución dunha batida máis esaxerada.

- Conclusión

Observando o vídeo anterior chegamos a conclusión de que a maioría dos atletas utilizan o braceo simultáneo á hora de executar o triple salto. Podemos ver que o primeiro e o segundo atleta utilizan o braceo simultáneo, mentres que o terceiro atleta utiliza o braceo alternativo.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elección do mellor artículo de salto de altura

Nesta entrada realizaremos unha pequena comparación entre os artículos de salto de altura dos compañeiros de clase, seguindo unha serie det...