1º Sesión lanzamiento jabalina


Introducción: Sesión enfocada a iniciación ao lanzamento de xabalina para alumnos pouco habituados a práctica deste deporte. Nela centrareime en como ensinar a diferentes compañeiros un correcto lanzamento da xabalina por medio dunha primeira sesión práctica. Nesta primera sesión voulles explicar aos compañeiros fase por fase deste lanzamento para que vaian asimilando cada unha destas fases da maneira máis correcta e ordeada posible.


Duración:
  • 45-50 min


Dirixida a:
  • 3 alumnos


Obxetivos: 
  • Coñecer o material (Primeiro contacto)
  • Coñecer as diferentes fases do lanzamento
  • Intentar conseguir que logren efectuar o lanzamento dunha forma relativamente correcta
  • Insistir nos peligros que pode conlevar este tipo de lanzamento
  • Crear un ambiente de total seguridade

Material:
  •  Xabalinas non reglamentarias
  •  Xabalinas reglamentarias
  • Conos ou picas




Espacio:
  • Zona de lanzamento de xabalina nas pistas de atletismo.




1º Sesión lanzamiento jabalina

Antes de iniciar ca sesión, realizaremos unha pequena evaluación os compañeiros para coñecer o nivel que teñen sobre este lanzamento. Tamén faremos unha pequena introducción das diferentes fases coas que conta este lanzamento, levandoas posteriormente a práctica.

Fases:
  1. Familiarización coa jabalina, tendo en conta os agarres e colocación
  2. Carreira de aproximación en liña recta cara a dirección do lanzamento
  3. Paso lateral anterior a posición final
  4. Posición final de lanzamento, con recuperación
  5. Lanzamento completo

1) Quencemento (10 min): Realizaremos un pequeno quencemento acorde co lanzamento que imos explicar. Incidiremos sobre todo nos aspectos que máis imos poñer en práctica durante a realización da sesión.

  1. Movilidad articular (5 min)
  • Tobillo-rodillas (círculos, flexión) (5 repet)
  • Brazos adiante, brazos atrás (5 repet)
  • Levar a xabalina cara adiante e cara atrás
  • Inclinar a xabalina tanto para o lado dereito como o esquerdo

  • Trotando (5 min)

  • Rodillas arriba
  • Talóns atrás
  • Rodilla arriba e rotación cara fora
  • Rodilla atrás e rotación cara adiante
  • Cruces pernas lateral (duas pernas)
  • Abrir e cerrar brazos
  • Saltos sobre unha perna
  • Brazos arriba e abaixo



 2) Fase principal (30 min): Nesta fase recolleremos as actividades que se propoñen para logar os obxetivos planteados na sesión con actividades técnicas e tácticas desarrolladas dunha forma lúdica.

Como xa mencionei anteriormente, enseñareilles os meus compañeiros o lanzamento de xabalina indo fase por fase para que o vaian asimilando dunha maneira máis óptima, polo tanto faremos 5 ejercicios (1 en cada fase)


  •  Exercicio 1 - Familiarización coa xabalina: Realizaremos unha primeira toma de contacto co material para que os compañeiros vaian coñecendo o artefacto. Incidiremos sobre os tipos de agarre que existen neste lanzamento e sobre a súa colocación a hora de iniciar a carreira. Cada un collerá a xabalina da maneira que lle resulte máis cómoda.

  • Exercicio 2 - Carreira de aproximación en liña recta cara a dirección do lanzamento: A continuación realizaremos un pequeno exercicio correndo en liña recta desde a posición de partida coa xabalina correctamente colocada para que os compañeiros vaian aprendendo a correr con ela. Faran unhas 3 repeticións por persoa.

  • Exercicio 3 - Paso lateral anterior a posición final: Posteriormente de realizar a carreira de aproximación, realizaremos un exercicio sobre os pasos laterais onde incidiremos sobre todo na colocación dos brazos facendo referencia a xabalina previamente de realizar o lanzamento final. Farán tamén unhas 3 repeticións por persoa.




  • Exercicio 4 - Posición final de lanzamento: Finalmente realizaremos o lanzamento da xabalina dende a zona final deste, cada un dos alumnos irá realizando diferentes lanzamentos co artefacto para que vayan vendo como se lanza a xabalina. Cando realizen o lanzamento, intentarán quedar sobre unha soa perna, o que se chama posición de recuperación. 3 repeticións por persoa.

  • Exercicio 5 - Lanzamento final: Trasladaremos o aprendido nas fases anteriores nunha situación de lanzamento completo de xabalina, observarei como van realizando cada unha das fases explicadas e unha vez que realicen o lanzamento comentarei tanto os aspectos positivos como negativos que observo. 3 repeticións por persoa.




3) Volta a calma (5min)

Fase que recolle as actvidades que se desenvolven na para recuperarse da fatiga provocada polas anteriores parteres da sesión.

Realizaremos unha serie de estiramentos facendo fincapé nas zonas más traballadas durante a sesión (muñecas,cuello,brazos, tronco..)

4) Evaluación final (5min)

Finalmente realizaremos un pequeno análise da sesión, falando cos alumnos sobre como foi a sesión, o que máis lles gustou, os conceptos que foron aprendendo o largo dela, os aspectos que lles pareceron máis complicados etc..






























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elección do mellor artículo de salto de altura

Nesta entrada realizaremos unha pequena comparación entre os artículos de salto de altura dos compañeiros de clase, seguindo unha serie det...