Técnica do estilo de espalda

Técnica de espalda



A técnica do estilo espalda conta coas seguintes fases:


- Acción de pernas

- Acción de brazos

- Posición do corpo

- Coordinación

- Respiración




- Acción das pernas

A acción das pernas no estilo espalda é máis importante ca de crol xa que nos axuda a propulsión, mantén o corpo en posición horizontal e compensa a acción de brazos. Outra diferenza é que as rodillas encóntranse máis flexionadas ao inicio da batida.

O movemento de pernas non é vertical neste estilo xa que o rolido fai que as pernas se movan hacia dentro e hacia fora ademais dos movementos ascendentes e descendentes de estas. 

- Acción de brazos

A acción de brazos no estilo espalda conta con 2 fases: o barrido e o recobro.

- Barrido ou tracción  Dentro do barrido atopamos 4 fases consecutivas:

Un primeiro barrido descendente que comeza ca entrada da man na auga, seguido dun primeiro barrido ascendente que inicia a propulsión; un segundo barrido descendente que pasa polo momento onde máis nos impulsamos; e un segundo barrido ascendente que prepara a man para o recobro.

- Recobro  O recobro no estilo espalda consiste en que o brazo sae da auga totalmente extendido co pulgar mirando cara arriba e realiza un movemento hacia atrás para volver a comezar a tracción. O brazo entra na auga ao rematar o recobro co dedo meñique, na fase aérea prodúcese un cambio da posición da man.







- Posición do corpo

A posición do corpo no estilo espalda é fundamental para realizar correctamente a acción dos brazos e das pernas.

A cabeza deberá estar situada o máis horizontalmente posible respecto a superficie da auga, os hombros terán que estar máis arriba cas cadeiras, estando o peito por encima da auga así como as cadeiras uns centímetros por debaixo para que as pernas non saian da auga ao realizar a patada.

Neste estilo inclúese o rolido, que é o movemento de rotación sobre o eixe lonxitudinal do corpo, onde a cabeza non se move. Debe realizarse en coordinación cos movementos de brazos, onde o corpo debe rotar hacia o lado do brazo que está a realizar o barrido descendente para comezar a tracción acuática.








- Coordinación e Respiración

- Coordinación brazo-brazo → Un brazo está entrando na auga mentres o outro realiza a acción de empuxe na tracción do estilo espalda

- Coordinación brazos-pernas  O batido das pernas ten gran importancia, onde a coordinación que se utiliza de maneira xeral é o batido de seis tempos, onde o nadador realiza 6 patadas dende que un brazo entra na auga, e ese mesmo brazo volve a entrar no seguinte ciclo.

- Coordinación brazos-respiración  A respiración neste estilo e máis simple ca no resto de estilos xa que o nadador non sumerxe a cabeza baixo a auga. O nadador deberá realizar unha respiración rítmica, é dicir, espirando na entrada dun brazo e inspirando na entrada do outro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elección do mellor artículo de salto de altura

Nesta entrada realizaremos unha pequena comparación entre os artículos de salto de altura dos compañeiros de clase, seguindo unha serie det...