Neste artículo realizaremos unha comparación da técnica de unha serie de saltadores de duas diferentes modalidades e analizaremos cal é mellor neste caso, cal resulta máis factible, centrándonos na fase de vuelo, concretamente na acción dos brazos, para esto escollín un vídeo dun saltador amateur, que será o número 1, e compararémolo con un saltador profesional, que será o número 2.
Atleta 1 -> Este atleta realiza a ténica de paso ou tixeiras
Na técnica de paso, os movementos do deportista no aire aseméllanse aos realizados durante a carreira
Despois do despegue, o atleta leva a perna libre arriba cara arriba e cara adiante, nunha posición de flexión
O atleta leva a perna de despegue detrás do corpo
Posteriormente, o atleta leva a perna balanceandose cara adiante, simulando unha pequena zancada
Os pasos do atleta están acompañados por movementos circulares dos brazos
Podemos observar que na hora da caída, o brazo esquerdo non vai o mesmo ritmo co dereito, queda máis arriba o esquerdo, imaxinome que será porque é o lado de donde fai a caída.
Durante a execución de esta técnica, a suspensión comprende entre 1 paso e medio e 3 pasos e medio
Atleta 2 -> Este atleta realiza a técnica de extensión
Este saltador efectúa a técnica de extensión, despois da batida inmediatamente eleva os brazos, ainda que observo que o brazo dereito non o eleva tanto coma o esquerdo, tamén me da sensación vendo o vídeo que xira o tronco cara o lado dereito, por iso o mellor o seu brazo dereito está menos elevado. Vai levando os seus hombros cara atrás para ir tamén levando simultanemaente os brazos cara atrás propiciando flexión dorsal do tronco, coller impulso e despois levalos adiante. Ao levar os brazos cara adiante no impulso segue levando o brazo dereito máis baixo co contrario, imaxinome que será porque a caída é realizada dese lado. No momento no que efectúa a caída si que me parece que os leva a mesma altura.
Tamén analicei e saquei unhas pequenas conclusións do estudio da fase do vuelo destas dúas técnicas, dos atletas participantes nunhas determinadas fases finales:
Tabla de datos -> Toma datos da técnica de vuelo en diferentes atletas
CONCLUSIÓN ANÁLISE TÉCNICA DE VUELO
DIFERENZAS
- Homes vs Mulleres
A ténica de pasos non precisa dunha gran potencia de impulso, polo que nas mulleres non observei que realicen esta técnica
- Movemento dos brazos
Na ténica de extensión, os brazos van cara atrás e despois cara adiante.
Na tecnica de tixeiras, os brazos van rotando e coordinados cas pernas.
- Tirón de riñóns
Apreciase un claro arqueo e un pequeno tirón de riñóns na técnica de extensión
Na técnica de tixeiras non se produce arqueo e o tirón de riñóns é menos visible.
SEMEXANZAS
- Igual de efectivas (Extensión vs Pasos)
A técnica de vuelos utilizados son a de extensión e a de pasos. Son igual de efectivas, utilizarase aquela que mellor se adapte o atleta.
En ambas técnicas a fase de entrada á area prodúcese unha entrada cos talóns, ademais dunha extensión de pernas e brazos.
OBSERVACIÓNS
Observei que a gran mayoría dos atletas caen de lado. Esto é unha técnica que cada atleta utiliza para buscar a súa mellor marca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario