2º Sesión lanzamiento jabalina

Introducción: Sesión enfocada a iniciación ao lanzamento de xabalina para alumnos pouco habituados a práctica deste deporte. Nela centrareime en correxir os aspectos negativos da anterior sesión por medio dunha segunda sesión práctica. Nesta segunda sesión voulles explicar aos compañeiros os diversos erros que tiveron na anterior proba e unha serie nova de exercicios para que vaian mellorando de maneira progresiva.

Duración:

  • 45-50 min

Dirixida a:
  • 3 alumnos
Obxetivos:
  • Nesta segunda sesión de xabalina os alumnos deberán saber agarrar correctamente o artefacto.
  • Dareilles a coñecer a pista de lanzamento
  • Unha boa colocacion do brazo de lanzamento
  • Levar a xabalina cerca do mentón da cara, non separala e o máis recto posible.
  • Nesta sesión deben aprender cal é o último paso, xa que pra min é o máis importante.
Material:
  • 4 xabalinas de goma espuma
  • 5 aros
  • 2 balóns de peso de iniciación
  • 2 xabalinas reglamentarias
Espacio:
  • Zona de lanzamento de xabalina nas pistas de atletismo.


2º Sesión lanzamento xabalina

1) Quencemento (10 min): Realizaremos un pequeno quencemento acorde co lanzamento que imos realizar. Incidiremos sobre todo nos aspectos que máis imos poñer en práctica durante a realización da sesión.

  1. Movilidad articular (5 min)
  • Tobillo-rodillas (círculos,flexión) - (5 repet)
  • Brazos adiante, brazos atrás - (5 repet)
  • Levar a xabalina cara adiante e cara atrás
  • Inclinar a xabalina tanto para o lado dereito como o esquerdo

  • Trotando (5 min)
  • Rodillas arriba
  • Talóns atrás
  • Rodilla arriba e rotación cara fora
  • Rodilla atrás e rotación cara adiante
  • Cruce pernas lateral (dúas pernas)
  • Abrir e cerrar brazos
  • Saltos sobre unha perna
  • Brazos arriba e abaixo

2) Fase principal (30min): Nesta fase recolleremos as actividades que se propoñen para lograr os obxetivos planteados na sesion con actividades técnicas-tácticas desarrolladas dunha forma lúdica.

Como xa mencionei anteriormente, corrixirei a cada compañeiro os erros que tiveron na anterior sesión para que vaian asimilando o lanzamento dunha maneira correcta.

  • Antes de comezar, indícolles que realicen varios lanzamentos sen ningún material

  • Despois collerán unha xabalina de goma e realizan outros lanzamentos, nos cales vou corrixindo os erros de cada alumno

  • Posteriormente separamonos e pasamos o peso de iniciación facendo o último paso, para poder levar unha boa colocación do brazo

  • Realizaremos un exercicio no que nos colocaremos por parexas e que consiste en que un ponse de rodillas e o outro compañeiro agarra a xabalina exercendo forza, o compañeiro que está de rodillas intenta lanzar e así poderemos rectificar a colocación dos brazos e ver que a xabalina esté ben colocado.

  • Explicareilles o cruce de pernas e colocareilles 4 aros para que en cada un deles entre unha perna e nos espacios a outra, primeiro sen material.

  • Logo faremolo ca xabalina de goma espuma, o aro estará un pouco alexado para que realicen ese último paso importante para realizar un bó impulso.

  • Por último, dependendo dos lanzamentos dos meus alumnos deixareilles as xabalinas de competición para que realicen dous lanzamentos cada un na pista de lanzamento.


3) Volta a calma (5min)

Fase que recolle as actividades que se desenvolven na sesión para recuperarse da fatiga provocada polas anteriores partes da mesma.

Realizaremos unha serie de estiramentos facendo fincapé nas zonas máis traballadas durante a sesión (muñecas, cuello, brazos, tronco...)



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Elección do mellor artículo de salto de altura

Nesta entrada realizaremos unha pequena comparación entre os artículos de salto de altura dos compañeiros de clase, seguindo unha serie det...