O salto con pértiga vai contar con 3 fases claramente diferenciadas:
- Fase de carreira
- Fase de batida
- Fase de enrolamento
- Fase de paso do listón
Neste artículo ímonos centrar na fase de batida:
A batida é a segunda fase do salto de pértiga, nela elevase o brazo dereito, mentres que o esquerdo encóntrase nunha posición de semi-extensión. Entre o penúltimo e o último apoyo, prodúcese unha extensión dos brazos hacia diante e arriba, vaise adoptar a posición que se coñece como posición de tándem (perna flexionada 90º)
Explicación por medio de imaxes:
A continuación farei un pequeno análise de diferentes atletas realizado a fase de batida:
Atleta número 1
1º Fase de batida
Neste atleta podemos observar que o pé de batida encóntrase perpendicular á man de agarre máis atrasada. O brazo dereito está totalmente flexionado, xusto antes de estiralo, mentres que o esquerdo está en semi-extensión, opoñéndose a que o corpo se acerque a pértiga.
2º Fase da batida
Atleta número 2
1º Fase da batida
Neste atleta podemos observar que o grado de flexión da man dereita e diferente co anterior atleta, apenas mantén a flexión inicial, xa que a transición de flexion-extensión faina de maneira moi rápida.
2º Fase da batida
Cando se produce a flexión da pértiga, a perna de batida diríxese cara arriba, o brazo dereito está realizando un movemento de hiperextensión e o esquerdo pasa a unha posición máis elevada para realizar unha boa batida.
Atleta número 3
1º Fase da batida
Neste atleta observamos nun primeiro lugar como toma a pértiga un pouco máis arriba cos demais atletas, leva a man dereita un pouco máis arriba ao igual ca esquerda. Destacamos a amplia zancada que realiza para posteriormente introducir a pértiga no caixetín.
2º Fase da batida
No momento da flexión da pértiga, observamos como a perna de batida tamén se dirixe cara arriba, realizando unha flexión de tronco cara adiante, levando os brazos cara atrás dunha maneira mas esaxerada cos demais atletas.
Atleta número 4
1º Fase da batida
No seguinte atleta observamos como realiza unha fase de batida moi similar ao atleta número 3, bate ca perna dereita, e vemos que a posición dos brazos e algo máis elevada con respecto os demais atletas. O brazo dereito está totalmente extendido, o brazo esquerdo encóntrase en semi-extensión.
2º Fase da batida
Na segunda fase da batida, onde se flexiona a pértiga por completo, observamos como o corredor leva a perna dereita un pouco cara adentro, o brazo dereito está practicamente extendido e o esquerdo está en perpendicular, realizando un bon agarre.
CONCLUSIÓNS FINAIS
1º Fase inicial de batida:
O brazo dianteiro -> Todos os atletas flexionan lixeiramente, ainda que observamos que hai distintos grados de flexión. Os mellores saltadores apenas manteñen esta flexión inicial, xa que a transición flexión-extensión é moi rápida. Apreciamos que nalgúns saltadores mantiñan a flexión en toda esta fase.
O brazo de atrás -> Todos os atletas cumplen coa extensión do brazo en toda a fase.
2º Fase final de batida:
O brazo dianteiro -> Comeza a flexión, que axuda no impulso na seguinte fase. Hai diferentes grados de flexión. Según apreciamos os atletas, sacamos a conclusión de que unha boa condición física permite mais flexión e condiciona positivamente esta fase
CONCLUSIÓN XENERAL
Mayor desarrollo muscular do tren superior implica:
- Mayor capacidade de flexión-extensión do codo dianteiro nesta fase de batida.
Mayor desarrollo condición fisica implica:
- Mayor velocidade na execución da batida.
Observación
Como observadores principiantes a simple vista case non existen diferencias na técnica entre os atletas debido a que a estructura das técnicas están moi estandarizada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario