martes, 25 de septiembre de 2018

¿Por que estoy estudiando para ser Técnico Deportivo?

Boas a todos e benvidos ao meu blog!


Chámome Alejandro Prados Arias, teño 18 anos e levo vivindo en Lugo toda a miña vida. Estudiei Educación Infantil e Primaria no CEIP A Ponte, e de seguido cursei a ESO e o Bacharelato no IES Lucus Augusti.


Estou estudando o primeiro ano do ciclo de grado superior de Técnico Superior de Actividades Físicas e Deportivas (TSAFD), para nun futuro poder exercer como monitor ou coordinador dalgunha actividade deportiva relacionada con dito título, e unha vez acabado o ciclo formativo gustaríame continuar na Universidade e obter o título de Licenciado en Ciencias Das Actividades Físicas e Deportivas, xa que unha das miñas aspiracións é poder chegar a ser profesor de educación física.


Dende moi pequeno o deporte leva formando parte da miña vida, dende os 5 anos comecei a xogar ao fútbol no equipo do meu colexio, onde máis adiante continuaría no Clube Deportivo Lugo durante un periodo de 7 anos, onde formei unhas grandes amizades. Fai 2 anos tiven que deixar o fútbol de lado por motivos persoais e de estudios, pero nunca o deixei de practicar. Gustaríame exercer sobre todo como entrenador de fútbol base, xa que entre todos os deportes é o que máis interés me proporciona, pero tamén son amante de outros deportes: baloncesto, tenis, rugby, atletismo..
Gústame moito traballar con grupos de persoas, sen importar que sean nenos, adolescentes, persoas maiores.. Todo o que sexa proporcionar conocementos na actividade físico-deportiva a outras persoas é o que me gustaría facer!


Esta é a miña pequena explicación de porque estou estudando para ser Técnico Deportivo, ímonos vendo máis adiante bloggers! 🙋🙋





Elección do mellor artículo de salto de altura

Nesta entrada realizaremos unha pequena comparación entre os artículos de salto de altura dos compañeiros de clase, seguindo unha serie det...