Criterios que vou ter en conta para o análise dos artículos:
1) Que conte con todas as partes
2) Calidade do artículo (imaxes, vídeos..)
3) Análise de diferentes atletas
4) Conclusións e observacións
- Artículo de Martín
O análise que Martín fixo sobre o salto de altura foi un bó análise, céntrase sobre todo en analizar unha serie determinada de atletas, realizando diferentes capturas de pantalla para fixarse nos determinados movementos de cada un deles.
Na miña opinión faltaría unha pequena descripción do tema do que vai tratar, xa que practicamente todo o artigo esta basado en analizar imaxes.
NOTA -> 8,5
- Artículo de Álex González
Álex realizou un artículo bastante completo sobre o salto de altura, facendo unha comparación entre diferentes atletas na fase de carreira.
O seu artículo é moi visual, conta con un bo número de atletas analizados e cas súas correspondentes capturas de pantalla analizando cada un deles, tamén conta cunha boa conclusión.
Estariamos ante o mesmo caso co de Martín, faltaría unha pequena descripción sobre o que se vai a tratar, polo demais estamos ante un bo artículo!
NOTA -> 9
- Artículo de Jesús
O artigo realizado por Jesús conta con todos os criterios, polo tanto estamos ante un artículo bastante completo sobre todo na parte da descripción xa que explica de ampla maneira a fase de bo no salto de altura. Por outro lado, o análise é demasiado escueto, soamente analizando 4 atletas, aínda que o concepto é interesante.
A presentación podería mellorarse se engadiran algún vídeo máis para aclarar un pouco máis a fase de bo. A expresión, por outra parte, é mellorable.
NOTA -> 8,75
- Artículo de Noemi Carro (Mellor artículo)
O análise que Noemi fixo sobre o salto de altura foi un excelente análise, podemos ver unha pequena descripción e un análise moi completo e fácil de entender. Por todo isto, e ademais pola gran cantidade de imaxes, encontrámonos ante un artículo de gran calidade o cal merece unha moi boa nota.
Entre os diferentes artículos que fun vendo, o de Noemi para min foi o máis completo, debido a que conta con todas as partes que se piden, ten unha gran calidade e sobre todo o que máis me chamou a atención foron as súas conclusións, posto que fai fincapé tanto na acción dos brazos como das pernas dunha maneira moi ben elaborada e esquematizada.
¡Felicidades por este gran traballo!
NOTA -> 10